A Escola de música de Visantoña está rexistrada, desde 1998, como centro autorizado de formación non regrada, pola Xunta de Galicia.
As materias que se imparten son as propias do currículo oficial das ensinanzas musicais non regradas:
- De 3 a 5 anos: Música e movemento
- De 6 a 7 anos: Iniciación á linguaxe musical
- A partir dos 7/8 anos: Instrumento, linguaxe musical e conxunto instrumental
- Música para adultos
Na nosa escola temos unha ampla oferta de docencia instrumental en vento e percusión:
- Frauta travesa
- Clarinete
- Óboe
- Saxofón
- Trompeta
- Trompa
- Trombón
- Bombardino/Tuba
- Percusión
Se queres máis información, escríbenos!
